O peso engadido á parte baixa, a maior lixeireza do fundo, levemente compensada pola fragmentación do referido. Esa confusión (podería falarse de ambigüedade se o termo non evocase outras ideas) chega a darlle un sentido cuase táctil a non poucas das súas composicións. Importan as texturas mais tamén un dinamismo interno cada vez máis potenciado (unha silueta provoca, en ocasíóns, que ese exercicio se multiplique).

TENSIÓN E ESTRUCTURA

Miguel Fernández-Cid
Catálogo de la exposición en Casa da Parra, septiembre de 1987.

Unha continua recorrencia á lembranza na pintura de Xosé Artiaga: títulos como «Soy lo que no pude ser» ou «Cuando hoy es ayer» remeten a esa estadía indecisa onde —salvando a cronoloxía— todo conflúe. As imaxes, porén, teñen tanto de atormentado canto de vivencial, misturando o evidente dos primeiros planos (unha figura, unha man estendida ou asinalando un camiño) co onírico de fundos máis confusos. Por veces o resultado equilíbrase grazas a unha distribución de planos e direccións na liña das composicións tensas do primeiro barroco; neste sentido, o ensino académico que mellor acepta Artiaga é —xunto ao tratamento das figuras— a adopción dun ponto de fuga claro que lle permite situar os obxectos, apresentar un concepto pictórico que remata de perfilar o proprio traballo. Tal vez por íso non resulta estraño que, en ocasíóns, cadros de estruturas iniciáis estábeis deriven para un xogo de maior risco plástico e presenza cuase axitada.

Nestes casos non se trata só de onde situar os elementos, inflúe tamén o tratamento dado a cada un, a súa distinta valoración: frente a situacíóns resoltas mediante un trazo rápido e resolutivo, noutras zonas da tela o agolpamento da pintura é tan evidente como intencional. É a tensión entre as distintas zonas de «Cuando hoy es ayer»: o peso engadido á parte baixa, a maior lixeireza do fundo, levemente compensada pola fragmentación do referido. Esa confusión (podería falarse de ambigüedade se o termo non evocase outras ideas) chega a darlle un sentido cuase táctil a non poucas das súas composicións. Importan as texturas mais tamén un dinamismo interno cada vez máis potenciado (unha silueta provoca, en ocasíóns, que ese exercicio se multiplique).

Mais a carón do lado evocador (a presenza da lembranza e, por tanto, do fragmento, o lado vivencial na maneira de dispor as partes, os signos. Se unha das cuestións prioritarias da pintura é, para Artiaga, a cor (esa cor violenta aplicada en varridos ou, de forma máis brusca, concentrada nunha masa cuase volumétrica), non cabe dúbida que o emotivo sae a relucir constantemente. Aí demostra non só valentía dando entrada a elementos variados e contrapostos, senón habilidade ao atinxir que o resultado, finalmente, se harmonice. Cuestión de compensar a tensión e a estrutura.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad